Festival 27373

Festival de música en galego de Begonte


Deixar un comentario

Fotos do Festival de noite: Arrhythmia

Fotos do concerto dos Arrhythmia, cun directo contundente, que soaba de marabilla e que aledou a noite a máis de un (incluíndo a este que escribe) coas súas versións da Creedance ou de Blur e que espertou conciencias con temas con Diñeiro, dedicado ás vítimas das preferentes.

Arrhythmia no #Festival27373

Arrhythmia no #Festival27373

Arrhythmia no #Festival27373

O resto das fotos, pódelas ver no álbum, Arrhythmia en Flickr


Deixar un comentario

Fotos do Festival de día 2015

Marabilloso o Festival de día deste 2015. Comezamos coa chegada dos artesáns e da AC Bolboreta Fiandeira que puxeron o listón ben alto coa súa arte no fiado acompañadas de boa música tradicional. Seguimos cunha sesión vermú memorable, cuns Airiños da Freba pletóricos que conseguiron poñer a bailar a máis de un, dentro e fóra da barra do Bar do Castiñeiro, incluso chegaron ata facer unha sesión post-vermú… Pola tarde a AC Lusco Fusco conseguiu atraer a unha boa cantidade de nenos e nenas que gozaron cos xogos, maquillaxe e diversas actividades. A billarda segue a atraer a unha cantidade de xente impresionante e Xosé Collazo foi quen de organizar un aberto de billarda moi interesante. E durante todo o día moita xente puido gozar dun paseo en canoa nun entorno único.
En definitiva, unha xornada de festa familiar, unha grande romaxe ao carón do río Ladra.

IV_Festival27373-29

IV_Festival27373-9

IV_Festival27373-1

IV_Festival27373-7

IV_Festival27373-12

IV_Festival27373-18

IV_Festival27373-27

IV_Festival27373-22

IV_Festival27373-34

Podes ver todas as fotos no álbum Fotos do Festival de día en Flickr.


Deixar un comentario

Festival de noite 2015: Familia Caamagno

novo-logo-Familia-CaamagnoDende a Galiza máis profunda e remota chega a Familia Caamagno disposta a manter e perpetuar as súas raíces italoamericanas. Mesturando o garaxe, o blues, a empanada de polbo, os spaguetti bolognesa, a proba dos rixóns, o rhythm and blues, o punk, o sexo nas obras, a hixiene persoal e a extorsión con swing, pretenden facer bailar a todos os que se acheguen ás súas galas. Aínda que non queiran“…pois iso. Rock’n’roll clásico e moito son sesenteiro, con pingas de blues ou garaxe rock, letras retranqueiras co moito acento galego.

Familia Caamagno son Manuele Caamagno(voz e saxofón), Jess Caamagno (guitarra de punteo), Francesco Caamagno (guitarra de ritmo e coros), Lano Caamagno (guitarra baixa) e Toni Caamagno (batería e coros). Teñen tres discos publicados, Familia Caamagno (2012); Cantan polo Nadal (EP, 2012); Hai que andar cos tempos! (2014) e son un dos grupos revelación deste 2015 e que pecharán esta cuarta edición do Festival 27373.


Deixar un comentario

Festival de día 2015, sesión vermú con Airiños da Freba

airiñosdafreba Para quen escribe estas liñas, Airiños da Freba é un dos mellores grupos de música tradicional da cidade de Lugo.

Comprometidos coa defensa do noso patrimonio cultural, cun amplísimo repertorio, festeiros e, por riba de todo, encantados de poder tocar, pretiño da xente, para verlles ben a cara de felicidade que transmiten coa súa música.

Sen dúbida, imos ter unha sesión vermú animada e con boa música para botar un pé ou dous.

 


Deixar un comentario

Festival de noite 2015: Arrhythmia

0000869924_10 Arrhythmia é un dos grupos que desde a primeira edición mostrou un gran interese por tocar no noso festival. Ano tras ano ofrecéronse para traer a Begonte o seu rock potente e rabioso e este, por fin, podemos contar con eles presentando o seu novo disco que acaban de sacar so hai uns meses.

Arrhythmia é un trío de rock cunha composición clásica de guitarra (Alberto Busto), baixo (A. Maciñeiras) e batería (Alvaro L. Barreiro), cun son moi potente e con letras con mensaxe e compromiso. Teñen dous discos publicados, III (2012) e II (2015).

Unha mostra da súa música neste vídeo titulado Mensaxe, do seu segundo disco.


Deixar un comentario

Festival de día 2015: Lusco Fusco

luscofusco A Asociación Lusco Fusco nace en Lugo coa idea de realizar diferente tipo de actividades tanto deportivas, como culturais, lúdicas ou medio ambientais.

Ao no noso festival traerán diferentes actividades para nenos e nenas, como xogos populares variados, de auga, maquillaxe, globoflexia… unha morea de cousas para que os cativos e as cativas estean ben entretidos durante a tarde, nun entorno tan fermoso como é o Club Fluvial de Begonte.


Deixar un comentario

Festival de noite 2015: Leña Verde e Amálgama Danza

leñaverde Desde a primeira edición pensamos en ter no noso Festival a Leña Verde, mais as circunstancias fixeron que ese querido e agardado encontro non se producise ata esta edición. Para nós é un grande orgullo poder contar con eles porque, sen dúbida, son un referente e un espello onde outras asociacións culturais podemos mirarnos.
A asociación Leña Verde dedicase á promoción e recuperación do patrimonio inmaterial cultural galego, sobre todo o musical, do que se encarga o grupo de música que traballa temas tradicionais con arranxos propios e composicións da súa propia autoría.
Desde os seus comezos no ano 1994, teñen gravados tres discos: Leña Verde de Pol (1998), Lares (2003) e A Contratempo (2010).

Nesta ocasión, ademais, poderemos gozalos xunto a novo proxecto de Xabi Iglesias, Amálgama Danza, un percorrido desde o noso baile tradicional ata a fusión con outros bailes e outras músicas.

Tanto Leña Verde como Amálgama Danza van traer a Begonte, un espectáculo único e inesquecible.
Como mostra os seguintes vídeos.


Deixar un comentario

Festival de día 2015: Bolboreta Fiandeira

tarxeta Nesta cuarta edición, imos contar coa Asociación Cultural Bolboreta Fiandeira, un colectivo que intenta recuperar un dos oficios tradicionais como era o fiado e cardado da la.

Ademais das demostracións de fiado e obradoiros acompañarán a súa actividade con música tradicional, non se pode pedir máis.

 

IMG-20150714-WA0007