Festival 27373

Festival de música en galego de Begonte


Deixar un comentario

Xa queda menos para a III edición do 27373

Rapazada toda, xente dos arredores ou de afastadas terras que estabades esperando novas sobre o mellor Festival de música en galego de todo Begonte.
Non desesperedes máis.
A III edición do 27373 está cada vez preta de tod*s nós. Ide quitando o po ás vosas tendas de campaña, afinando as gorxas (con cervexa da boa), preparando os corpos enferruxados polo inverno e marcando nas vosas axendas a data, o nove de agosto festa rachada en Begonte.
Xa levamos unhas semaniñas traballando nesta terceira edición, aínda non podemos adiantar a programación, pero agardamos facer un grande festival, unha grande festa e estar á altura da distinguida audiencia que nos visitará.
Estade atent*s ao blogue e a noso facebook…seguiremos informando.
2014.08.09

Advertisement