Festival 27373

Festival de música en galego de Begonte


Deixar un comentario

Fotos Festival de noite: Leña Verde & Amálgama Danza

Grandísima actuación de Leña Verde e Amálgama Danza que deixaron a moitos dos asistentes impresionados coa calidade musical e a espectacularidade do noso baile tradicional.

IV_Festival27373-39

IV_Festival27373-37

IV_Festival27373-41

IV_Festival27373-47

Todas as fotos de Leña Verde e Amálgama Danza en Flickr.

Advertisement


Deixar un comentario

Fotos do Festival de día 2015

Marabilloso o Festival de día deste 2015. Comezamos coa chegada dos artesáns e da AC Bolboreta Fiandeira que puxeron o listón ben alto coa súa arte no fiado acompañadas de boa música tradicional. Seguimos cunha sesión vermú memorable, cuns Airiños da Freba pletóricos que conseguiron poñer a bailar a máis de un, dentro e fóra da barra do Bar do Castiñeiro, incluso chegaron ata facer unha sesión post-vermú… Pola tarde a AC Lusco Fusco conseguiu atraer a unha boa cantidade de nenos e nenas que gozaron cos xogos, maquillaxe e diversas actividades. A billarda segue a atraer a unha cantidade de xente impresionante e Xosé Collazo foi quen de organizar un aberto de billarda moi interesante. E durante todo o día moita xente puido gozar dun paseo en canoa nun entorno único.
En definitiva, unha xornada de festa familiar, unha grande romaxe ao carón do río Ladra.

IV_Festival27373-29

IV_Festival27373-9

IV_Festival27373-1

IV_Festival27373-7

IV_Festival27373-12

IV_Festival27373-18

IV_Festival27373-27

IV_Festival27373-22

IV_Festival27373-34

Podes ver todas as fotos no álbum Fotos do Festival de día en Flickr.


Deixar un comentario

Fotos: Ciencia entretida, Teatro do Miolo

O sábado pola mañá, Teatro do miolo tivo o honor de abrir a I edición do Festival 27373. Dous científicos “tolos” conseguiron atraer a atención dos máis cativos.
Podedes disfrutar das fotos do seu obradoiro.

Podes velas tamén no álbum Ciencia Entretida en Flickr.