Festival 27373

Festival de música en galego de Begonte


Deixar un comentario

Festival de día 2013: Non estreses

logo_nonestreses  As actividades deportivas que terán lugar nesta segunda edición do Festival 27373 correrán a cargo da empresa afincada en Begonte, Non Estreses.

 Multiaventura Non Estreses, é unha empresa pioneira na provincia de Lugo, na oferta de actividades de natureza, destacando os descensos en kaiak e canoa polo río Ladra. Situada nun marco de beleza natural incomparable, dentro da Reserva da Biosfera, Terras do Miño.
 No festival teremos a posibilidade de gozar dun paseo en kaiak pola marabillosa contorna do río Ladra, pasar un bo rato nos inchables ou ben recibir as primeiras nocións de tiro con arco, un xeito interesante de gozar da natureza que nos rodea asociada a unha actividade deportiva.

Advertisement


2 Comentarios

O cartaz do II Festival 27373

Pois si, xa temos recén saído dos miolos creativos de Marcos Vigo, o cartaz da Segunda Edición do Festival 27373 de Begonte. Agardamos que este precioso cartel axude a espallar os magníficos eventos que poderemos gozar o vindeiro 10 de agosto no Club Fluvial de Begonte que moi amablemente nos presta a súas magníficas instalacións para este día.

Seguiremos informando sobre todas as actuacións que haberá polo día e pola noite.

Vémonos o 10 de agosto en Begonte.

Cartaz_web_def