Festival 27373

Festival de música en galego de Begonte


Deixar un comentario

Fotos do Festival de noite

Algunhas fotos do Festival de noite.

De noite no 27373

Os Minhotos.

Os Minhotos

Os Minhotos

Os Minhotos

Podes ver máis fotos do seu concerto no álbum Os Minhotos en Flickr.

Guezos

Guezos

Guezos

Guezos

Máis fotos do concerto no álbum de Guezos en Flickr.

Zënzar

Zënzar

Zënzar

Zënzar

Máis fotos da actuación dos Zënzar e colaboradoracións no álbum de Flickr.

Advertisement


Deixar un comentario

Festival de noite 2013: Os Minhotos

Os minhotos. Pinga d'auga  A traxectoria musical de Os Minhotos ven de lonxe, de máis lonxe do que podería parecer ao ser este 2013 o ano da presentación do seu primeiro traballo discográfico, Unha Pinga D’auga. Un primeiro xermolo do grupo actual poderiámolo atopar naquela agrupación chamada Caldaloba, que gravaron un deses discos fundamentais da música galega, As cores da música, alá polo ano 1999. Desde hai seis anos o grupo dedícase a tocar por festas, romarías e concertos, coa clara intención de espallar a cultura e a música tradicional galega, desde a difusión da tradición oral, ata a fabricación de instrumentos tradicionais.

Este primeiro traballo ten a clara intención de ser a bandeira que consiga facer de Os Minhotos un grupo que empece a destacar no panorama galego e rebase a fronteira da provincia de Lugo. É un disco de gusto exquisito, tocado de xeito brillante por uns músicos curtidos, con moita experiencia e de calidade incuestionable. Os temas recollen a grandísima tradición da nosa música e pezas propias compostas principalmente por Bruno Villamor.

Os compoñentes de Os minhotos, nome “suxerido” polo inesquecible poeta chairego, Manuel María, son: Alberto Castro (gaita, pandeiro, pandeireta, bombo); Bruno Villamor (gaitas, requinta, pandeireta, tamboril); Paula Fernández (acordeón); Vítor Otero (zanfona, gaita, percusións) e  Xaneco Tubío (tamboril, pandeiro, pandeireta, tixoletas, ferriño).

Para rematar unha actuación de Os Minhotos nas festas de Ourense, interpretando un deses temas míticos da nosa tradición, A Mazurca de Bretoña.

Podes seguir a Os Minhotos no seu facebook