Festival 27373

Festival de música en galego de Begonte


Deixar un comentario

Festival de noite 2014: Ruxe-Ruxe

Rematamos o percorrido por tódalas actividades que tivemos no Festival 27373 co grupo que pechou a noite de concertos: Ruxe-Ruxe.

Antes de deixarvos coas fotos e o vídeo, aclarar que, por problemas na gravación, o son do vídeo de Ruxe-Ruxe non é o orixinal do concerto de Begonte e fixemos unha montaxe coas imaxes do 27373 e o son doutro directo atopado pola rede, así que pedimos desculpas por este inconvinte.

RuxeRuxe.27373-1

RuxeRuxe.27373-10

RuxeRuxe.27373-15

RuxeRuxe.27373-18

Máis fotos no álbum Festival de noite 2014 en Flickr

Advertisement


Deixar un comentario

Isabel Risco e Zënzar

Isabel Risco no Festival 27373, presentando de xeito único e irrepetible aos Zënzar e aproveita para falar da Liga Nacional de Billarda (LNB) do Castiñeiro Milenario, de Almanzor e do que faga falta. Remata o vídeo cun cachiño da actuación de Zénzar con Carlos Gende, mais as cousas da tecnoloxía é o que teñen e se se acaba o espazo na tarxeta, non se pode seguir gravando, unha mágoa.


2 Comentarios

A das festas con Guezos no II Festival 27373

Temazo para bailar e saltar este “A das festas” dos Guezos.

Nota de Castiñeiro Milenario: pedimos desculpas polo malo son do vídeo, a gravación orixinal nosa non da para moito máis (a pesares de traballar sobre ela un montón de tempo non hai maneira de arranxar un son deficiente de partida), pero pensamos que, a pesares disto, tiñamos que subilo de igual xeito.


2 Comentarios

O cartaz do II Festival 27373

Pois si, xa temos recén saído dos miolos creativos de Marcos Vigo, o cartaz da Segunda Edición do Festival 27373 de Begonte. Agardamos que este precioso cartel axude a espallar os magníficos eventos que poderemos gozar o vindeiro 10 de agosto no Club Fluvial de Begonte que moi amablemente nos presta a súas magníficas instalacións para este día.

Seguiremos informando sobre todas as actuacións que haberá polo día e pola noite.

Vémonos o 10 de agosto en Begonte.

Cartaz_web_def


Deixar un comentario

Vídeo: Labregos do tempo dos sputniks (III)

Derradeiro vídeo que subimos da actuación de Labregos do tempo dos sputniks no Festival 27373 de Begonte. Neste caso unha versión do mítico tema “Should I Stay or Should I Go” do grupo de punk inglés, The Clash. A versión en galego titúlase Bilingüismo harmónico.

Tamén podes ver as fotos da súa actuación no Flickr do Castiñeiro do álbum Labregos do tempo dos sputniks


Deixar un comentario

Vídeo: Labregos do tempo dos sputniks (II)

Segunda entrega da actuación de Labregos do tempo dos sputniks no Festival 27373. Nesta ocasión fan un tema moi apropiado para tocar en Begonte, a versión do grupo dos oitenta Radio Océano titulada, Terra Cha, punk vigués dos oitenta posto ao día incluíndo algunha frase doutro tema dos vigueses: Esto no es hawai (nin falta que fai), un grito de guerra dos salvaxes oitenta.


Deixar un comentario

Vídeo: Labregos do tempo dos sputniks (I)

Posiblemente sexan unhas das revelacións musicais deste verán, e senón o son, deberían de selo.
Hai anos, algún atrevido deu ao punk por morto. Quen diría que unha rapaza na batería, un rapeiro e un cantautor ían negar esa sentenza de morte. Os labregos ao vivo, son puro punk: música sinxela, enérxica, provocadora, poética, reivindicativa, necesaria, que fai espertar as conciencias e prende lume nos corazóns, así é a música dos labregos e así son os labregos. Andade a modo, meus, que non vos pase como na Rusia e as Pussy Riot, son malos tempos para a lírica e para os que van contra do pensamento dominante.

Que mellor exemplo de todo o dito que esa canción, xa convertida en himno: España, dáme caña. Gozádeo.


1 comentario

Nace un novo festival. O Festival 27373

O Festival 27373 que organiza a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario é un evento que intenta mesturar un festival para nenos e nenas e un festival para os maiores. Deste xeito, a programación terá en conta aos máis miúdos polo día, con actividades para eles, como os divertidos obradoiros de Ciencia Entretida, contacontos, atraccións con inchables, festa da escuma …E pola noite será a mocidade, e os pais dos miúdos, os que poidan gozar dun Festival de música, con tres grupos ben distintos pero coa raíz común de facer moi boa música en galego. Así que, coa chegada da noite, Guezos, Labregos do tempo dos Sputniks e Avante vannos a poñer a bailar a todos ata ben entrada a madrugada.

Toda a información que vaia xurdindo sobre o Festival 27373 irá aparecendo nestas páxinas, e nas pestanas superiores do blogue irá aparecendo a programación completa do festival, información sobre os grupos, como chegar ata o lugar do Festival no Club Fluvial de Begonte, ou poñerte en contacto con nós.

Se queres estar ao día de todo o que vai pasar no Festival, xa estás tardando en engadir esta páxina aos teus marcadores e difundila entre os teus contactos.