Festival 27373

Festival de música en galego de Begonte


Deixar un comentario

Vídeo: Labregos do tempo dos sputniks (III)

Derradeiro vídeo que subimos da actuación de Labregos do tempo dos sputniks no Festival 27373 de Begonte. Neste caso unha versión do mítico tema “Should I Stay or Should I Go” do grupo de punk inglés, The Clash. A versión en galego titúlase Bilingüismo harmónico.

Tamén podes ver as fotos da súa actuación no Flickr do Castiñeiro do álbum Labregos do tempo dos sputniks

Advertisement


Deixar un comentario

Vídeo: Labregos do tempo dos sputniks (II)

Segunda entrega da actuación de Labregos do tempo dos sputniks no Festival 27373. Nesta ocasión fan un tema moi apropiado para tocar en Begonte, a versión do grupo dos oitenta Radio Océano titulada, Terra Cha, punk vigués dos oitenta posto ao día incluíndo algunha frase doutro tema dos vigueses: Esto no es hawai (nin falta que fai), un grito de guerra dos salvaxes oitenta.


Deixar un comentario

Vídeo: Labregos do tempo dos sputniks (I)

Posiblemente sexan unhas das revelacións musicais deste verán, e senón o son, deberían de selo.
Hai anos, algún atrevido deu ao punk por morto. Quen diría que unha rapaza na batería, un rapeiro e un cantautor ían negar esa sentenza de morte. Os labregos ao vivo, son puro punk: música sinxela, enérxica, provocadora, poética, reivindicativa, necesaria, que fai espertar as conciencias e prende lume nos corazóns, así é a música dos labregos e así son os labregos. Andade a modo, meus, que non vos pase como na Rusia e as Pussy Riot, son malos tempos para a lírica e para os que van contra do pensamento dominante.

Que mellor exemplo de todo o dito que esa canción, xa convertida en himno: España, dáme caña. Gozádeo.


Deixar un comentario

Festival de noite: Labregos dos tempos dos Sputniks


Despois da actuación de Guezos, teremos con nós a un trío inclasificable, que se basean na raíz do tradicional, que teñen a xenreira do punk, a modernidade do rap, a gañas de trocar o mundo da música dos cantautores, en definitiva, música de guerrilla ou como eles mesmos din: foliada rap’n’punk.

O proxecto dos Labregos nace no ano 2007, e estaba formado por Leo, coñecido polo seu proxecto persoal de Leo i Arremecaghona, O García, coñecido por ser o MC do grupo Dios ke te crew e Vero, percusionista dos míticos Xenreira. Na recente actualidade, Lydia , ex-batería de Skarallaos, sustituíu a Vero na batería. Por certo que, esta actuación no Festival 27373 vai ser a primeira actuación no novo trío, é dicir, esta será unha desas actuacións históricas que ninguén se pode perder…

Para que vexades a proposta musical dos Labreg@s non perdades os seguintes vídeos interpretando Estarei ou esa versión punk da Cantiga para unha Antroidada


Vídeo subido por FilmikaGalaika


Vídeo subido por SnobMegalove