Festival 27373

Festival de música en galego de Begonte


Deixar un comentario

Isabel Risco e Zënzar

Isabel Risco no Festival 27373, presentando de xeito único e irrepetible aos Zënzar e aproveita para falar da Liga Nacional de Billarda (LNB) do Castiñeiro Milenario, de Almanzor e do que faga falta. Remata o vídeo cun cachiño da actuación de Zénzar con Carlos Gende, mais as cousas da tecnoloxía é o que teñen e se se acaba o espazo na tarxeta, non se pode seguir gravando, unha mágoa.

Advertisement


Deixar un comentario

Festival de noite 2013: Isabel Risco

  A actriz Isabel Risco será a encargada de facer as presentacións dos grupos no festival de noite, terá a tarefa de facer divertido ese espazo tan complicado de encher que é o troco dos grupos, mais nesta ocasión, de seguro que haberemos de pasar un rato ben divertido. Isabel Risco é graduada en Pedagoxía Teatral e na súa formación profesional tivo un bo feixe de mestres, desde John Wright ata Leo Bassi, e a súa versatilidade fixo que traballara como cómica, presentadora de galas e por suposto como actriz. Son ben coñecidos os seus traballos na TVG, en series  como Padre Casares, A vida por diante, O Nordés ou  en programas como Land Róber, Air Galicia, O show dos Tonechos ou Luar. Nos últimos tempos destacan os seus traballos como monologuista, onde explota a súa vea cómica, a súa retranca, a súa visión do país e esa enerxía creativa que desprende no escenario a feixes. O que escribe tivo a fortuna de gozar do seu espectáculo e non parar de rir coa súa caracterización como “Nabiza Girl“, esa superheroína cun fouciño na man, que explota os tópicos como ninguén. En definitiva, que contaremos cunha mestra de cerimonias excepcional para dar o toque de humor neste Festival 27373.

Un exemplo do seu facer no programa Air Galicia da TVG.

Vídeo subido por Patxi muguerza