Festival 27373

Festival de música en galego de Begonte


Deixar un comentario

Vídeo: Avante! no Festival 27373

A derradeira actuación do Festival 27373 estivo a cargo do grupo Avante!, unha descarga de potencia rockeira e que o deu todo no escenario a pesar do pouco público que quedaba a esas horas.
Quedades coa versión que fixeron de Os Diplomáticos de Monte-Alto chamada “Como o vento“.

Advertisement


Deixar un comentario

Vídeo: Labregos do tempo dos sputniks (III)

Derradeiro vídeo que subimos da actuación de Labregos do tempo dos sputniks no Festival 27373 de Begonte. Neste caso unha versión do mítico tema “Should I Stay or Should I Go” do grupo de punk inglés, The Clash. A versión en galego titúlase Bilingüismo harmónico.

Tamén podes ver as fotos da súa actuación no Flickr do Castiñeiro do álbum Labregos do tempo dos sputniks


Deixar un comentario

Vídeo: Labregos do tempo dos sputniks (II)

Segunda entrega da actuación de Labregos do tempo dos sputniks no Festival 27373. Nesta ocasión fan un tema moi apropiado para tocar en Begonte, a versión do grupo dos oitenta Radio Océano titulada, Terra Cha, punk vigués dos oitenta posto ao día incluíndo algunha frase doutro tema dos vigueses: Esto no es hawai (nin falta que fai), un grito de guerra dos salvaxes oitenta.


Deixar un comentario

Vídeo: Labregos do tempo dos sputniks (I)

Posiblemente sexan unhas das revelacións musicais deste verán, e senón o son, deberían de selo.
Hai anos, algún atrevido deu ao punk por morto. Quen diría que unha rapaza na batería, un rapeiro e un cantautor ían negar esa sentenza de morte. Os labregos ao vivo, son puro punk: música sinxela, enérxica, provocadora, poética, reivindicativa, necesaria, que fai espertar as conciencias e prende lume nos corazóns, así é a música dos labregos e así son os labregos. Andade a modo, meus, que non vos pase como na Rusia e as Pussy Riot, son malos tempos para a lírica e para os que van contra do pensamento dominante.

Que mellor exemplo de todo o dito que esa canción, xa convertida en himno: España, dáme caña. Gozádeo.


Deixar un comentario

Vídeo: Actuación de Guezos

O grupo ourensán Guezos foi o encargado de abrir o Festival de noite e, a pesar do pouco público, ofreceron un concerto cargado de moi boa música, entregados no escenario e cun excelente son.
Como mostra da súa actuación podedes ver o seguinte vídeo no que interpretan o tema Lévame que pertence ao seu primeiro disco, titulado Guezos do ano 2002.

Tamén podedes ver algunha foto da súa actuación, no Flickr de Castiñeiro Milenario, no álbume adicado a Guezos


Deixar un comentario

Fotos: Ciencia entretida, Teatro do Miolo

O sábado pola mañá, Teatro do miolo tivo o honor de abrir a I edición do Festival 27373. Dous científicos “tolos” conseguiron atraer a atención dos máis cativos.
Podedes disfrutar das fotos do seu obradoiro.

Podes velas tamén no álbum Ciencia Entretida en Flickr.


Deixar un comentario

Festival de noite: Avante!




Para rematar o Festival nada mellor que facelo coa descarga musical e ideolóxica de Avante! Descarga musical, porque no escenario estes catro mozos son unha forza desatada da natureza, e descarga ideolóxica, polo compromiso que teñen coa lingua e co país. Mais, case é mellor que se definan eles mesmos: “Os Avante! somos rock coletivo e com orgulho de classe que mistura realidade e sentimento para dar forma musical a um sonho de liberdade. Com um marcado compromisso de aposta polo monolingüismo social, Avante! nasce para somar mais um contributo à socializaçom e naturalizaçom da língua que nos é própria. As nossas letras som um reflexo das nossas emoçons e do nosso compromisso para com as causas legitimas do nosso povo enquanto a nossa música é espelho das influências musicais com as que crescemos

Avante! está formado por Alberto Pombo na voz e na guitarra solista, Diego Bernal na guitarra rítmica, Rubém N. ‘Kako’ no baixo e Iago da Torre na bateria. No 2010 publicaron unha maqueta, titulada Galiza Metal que podes descargar aquí.

Para facerte unha idea do que fan Avante!, podes ver os seguintes vídeos: Semente de vida e Galiza Metal


Vídeo subido Avantegz


Vídeo subido Avantegz


Deixar un comentario

Festival de noite: Labregos dos tempos dos Sputniks


Despois da actuación de Guezos, teremos con nós a un trío inclasificable, que se basean na raíz do tradicional, que teñen a xenreira do punk, a modernidade do rap, a gañas de trocar o mundo da música dos cantautores, en definitiva, música de guerrilla ou como eles mesmos din: foliada rap’n’punk.

O proxecto dos Labregos nace no ano 2007, e estaba formado por Leo, coñecido polo seu proxecto persoal de Leo i Arremecaghona, O García, coñecido por ser o MC do grupo Dios ke te crew e Vero, percusionista dos míticos Xenreira. Na recente actualidade, Lydia , ex-batería de Skarallaos, sustituíu a Vero na batería. Por certo que, esta actuación no Festival 27373 vai ser a primeira actuación no novo trío, é dicir, esta será unha desas actuacións históricas que ninguén se pode perder…

Para que vexades a proposta musical dos Labreg@s non perdades os seguintes vídeos interpretando Estarei ou esa versión punk da Cantiga para unha Antroidada


Vídeo subido por FilmikaGalaika


Vídeo subido por SnobMegalove