Festival 27373

Festival de música en galego de Begonte


2 Comentarios

A das festas con Guezos no II Festival 27373

Temazo para bailar e saltar este “A das festas” dos Guezos.

Nota de Castiñeiro Milenario: pedimos desculpas polo malo son do vídeo, a gravación orixinal nosa non da para moito máis (a pesares de traballar sobre ela un montón de tempo non hai maneira de arranxar un son deficiente de partida), pero pensamos que, a pesares disto, tiñamos que subilo de igual xeito.

Advertisement


Deixar un comentario

Festival de noite 2013: Guezos

  Pouco hai que engadir a todo o que dixemos dos Guezos napasada edición, o único felicitarnos por telos de novo no noso festival, despois da gran actuación do ano pasado e dos ánimos que recibimos pola súa parte para continuar esta aventura do Festival 27373.

Para ver que seguen en excelente forma este vídeo da súa recente actuación en Ortigueira.


Vídeo subido por ppatatin


Deixar un comentario

Vídeo: Actuación de Guezos

O grupo ourensán Guezos foi o encargado de abrir o Festival de noite e, a pesar do pouco público, ofreceron un concerto cargado de moi boa música, entregados no escenario e cun excelente son.
Como mostra da súa actuación podedes ver o seguinte vídeo no que interpretan o tema Lévame que pertence ao seu primeiro disco, titulado Guezos do ano 2002.

Tamén podedes ver algunha foto da súa actuación, no Flickr de Castiñeiro Milenario, no álbume adicado a Guezos


Deixar un comentario

Festival de noite: Guezos


O Festival de noite comezará ás 22:30 coa actuación do grupo ourensán Guezos. O nome do grupo provén do barallete, xerga dos afiadores ourensáns, e significa rapaces.
Así que, estes rapaces no ano 1999, deciden montar un grupo que, nos primeiros tempos facían unha música máis preta ao tradicional. Pouco a pouco o grupo, sen perder as raíces, vai virando cara o folk, e nos últimos traballos hai claras influencias do rock, do pop, e mesmo de estilos tan afastados como o reggae ou o ska. Como eles mesmos afirman: “Non nos importa o estilo,a sonoridade ou corrente musical, o noso obxectivo final é facer boas CANCIÓNS“.

Sempre involucrados na autoxestión e na filosofía da difusión libre dos seus traballos, os Guezos teñen publicados catro traballos.
En 2001 publican o seu primeiro traballo, titulado como o propio nome do grupo, que primeiro veu a luz como maqueta, para posteriormente ser editado como disco. No ano 2004 e despois dalgúns trocos na formación publican o segundo traballo titulado Terradentro. No 2007 publican unha especie de recompliación, con algúns temas gravados ao vivo, titulado 99-06 e que podes descargar (licenza Creative Commons) da páxina de A Regueifa nesta ligazón: Guezos 99-06. No 2009 publican Oito destinos que fai referencia aos oito integrantes do grupo, peor tamén aos temas, composicións musicais que saben onde empezan pero non van rematar. De novo o disco pódese descargar grazas á súa licenza Creative Commons na seguinte ligazón: Oito destinos de A Regueifa. No 2011 veñen de publicar o que ata o de agora é o seu último traballo, O histérico latexo, como din os de Planeta Furancho: “Pingas de todas as cores. Luminosos e comprometidos. Mestura total e con toda a calidade que a banda leva por bandeira nos seus directos. O histérico latexo leva aos Guezos de viaxe polo mundo. De dentro para fóra. Dende o centro do corazón. Música da de verdade. Música de aquí

Se non estamos errados, os membros actuais de Guezos son: Anxo Fernández, teclado, acordeón e voz; Adrián Beiroa, voz e guitarra acústica; Roberto Reboiro, baixo eléctrico; David Quintás, guitarra eléctrica; Francisco Díaz, batería; Xabier Domínguez “Morta” e Modesto Cid “Nes”, gaita e whistle.

Para rematar unhas mostras da súa música e do seu directo, un anaco de música para que vexades o que non vos podedes perder no Festival 27373:


Vídeo subido por Casa de tolos

Vídeo subido por Amilgz