Formulario de incrición para o IX Aberto de Billarda do Festival 27373 de Begonte 2021 (14 de agosto)
Antes de cubrir os teus datos para reservar a entrada, debes ler atentamente as normas de seguridade e ter en conta a lei de protección de datos.
- Cada palanador/a debe facer a reserva previa para poder xogar, pois o aberto ten aforo limitado, achegando os datos correspondentes (Nome, DNI e teléfono de contacto). As persoas da organización controlarán o acceso e comprobarán as reservas realizadas. En caso de non asistir, pregamos o comuniques ao correo castineiromilenario@hotmail.com e así poderán ter acceso outras persoas.
- Terás que estar no punto de entrada con 20 minutos de antelación. Se dez minutos antes do comezo quedaran prazas libres, poderemos dispoñer del para outras persoas.
- O uso da máscara é obrigatorio en todo momento.
- Antes de entrar á zona acotada, deberás usar xel hidroalcohólico, facilitado por persoal de Castiñeiro Milenario en canto deas os teus datos á persoa encargada de controlar o acceso.
- Deberás manter a distancia de seguridade de metro e medio en todo momento e non poderás compartir material con outros xogadores/as.
- Haberá unha zona de entrada e outra de saída, que deberán respectarse seguindo as indicacións da organización.
- Está prohibido comer e beber no campo de xogo.
- Prazo máximo de inscrición, venres 13 de agosto
- Os datos persoais merecen unha protección especial e soamente poderán usarse en caso de necesidade se son requiridos polas autoridades sanitarias (en caso de positivo por covid-19). Despois de 30 días o arquivo será destruido. Estes datos en ningún caso serán cedidos a outras persoas ou organización e estarán custodiados por castiñeiro milenario tomando as medidas oportunas esixidas pola Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de “Protección de Datos Personales y garantía de los derechos digitales”.
Moitas grazas por acompañarnos e a gozar do Aberto e do Festival!